Friday 03 de May de 2024

Campionato de Galicia de Marcha en Ruta


Art.1) O Concello de A Pobra, a A.D. Barbanza e a F.G.A. organizará o Campionato de Galicia de Marcha en ruta que terá lugar en A Pobra o vindeiro sábado día 13 de febreiro do 2016.

Art.2) Poderán participar todos atletas que o desexen e se atopen en calquera das seguintes condicións:

1. Atletas que ficharan ao longo da tempada actual (2015/16) por algún club pertencente a Comunidade Galega
2. Atletas con ficha pola F.G.A., aínda que pertenzan a Clubs de outras CCAA.
3. Atletas nacionais convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das anteriores condicións.
*Segundo acordo de Asemblea os atletas estranxeiros maiores de 18 anos que non estén nacionalizados en España non poderán optar aos podiums nos Campionatos Galegos.

Art.3 As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA (hhttps://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 20:00 horas do martes 9 de febreiro. Deberán indicar o dorsal asignado este ano.

Art.4). Os atletas deberán comunicar a sua baixa ata 45 minutos antes do comezo da proba, segundo o horario indicado.

Art.5). Entregaranse medallas aos tres primeiros atletas de cada categoría (benxamin, alevin, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, absoluto e veterán) sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

Art.6). Os atletas deberán utilizar os dous dorsais personalizados ou outorgados pola organización de forma totalmente visible no peito e por detrás, en toda a súa superficie. O incumprimento de esta norma será motivo da descalificación. Será responsabilidade dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación de cada dorsal, a organización non facilitará imperdibles.